Search lyrics

Typing something do you want to search. Exam: Artist, Song, Album,Writer, Release Year...
if you want to find exactly, Please input keywords with double-quote or using multi keywords. Exam: "Keyword 1" "Keyword 2"

Conxuro (da Queimada) Lyrics - Singles - Mago De Oz

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas 

Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas 

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras 

Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas 

Lume das santas compañas, mal de ollo, negros meigallos 

Cheiro dos mortos, tronos e raios 

Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello 

Pecadora lingua da mala muller casada con home vello 

Averno de satán e belcebú, lume dos cadavres ardentes 

Corpos mutilados dos indecentes 

Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida 

Barriga inútil da muller solteira 

Falar dos gatos que andan á xaneira 

Guedella porca da cabra mal parida 

Con este fol levantarei as chamas de este lume 

Que asemella ao do inferno 

Fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas 

Índose bañar na praia das areas gordas 

 

¡oíde, oíde! 

Os ruxidos que dan as que non poden deixar 

De queimarse na augardente 

Quedando así purificadas 

E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas 

Quedaremos libres dos males da nosa ialma 

E de todo embruxamento 

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada 

Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente 

Eiquí e agora 

Facede cos espritos dos amigos que están fora 

Participen con nós de esta queimada 

Writer:

Copyright: Song Discussions Is Protected By U.s. Patent 9401941. Other Patents Pending.

Are you remember?



Intro

Artist: Brandy